DECLARACIÓN DE PRIVACIDADE DE TCL COMMUNICATION

Idioma

Esta Declaración de Privacidade é efectiva a partir do 30/07 de 2021.

 

 

Esta Declaración de Privacidade describe como TCL e/ou as súas filiais e subsidarias (colectivamente “TCL” ou “nós”) protexemos os Datos Persoais relacionados con vostede que procesamos (os seus “Datos Persoais”), os tipos de Datos Persoais sobre vostede que recompilamos, que facemos con eles, os fins da recompilación, a forma na que os divulgamos e os dereitos que ten vostede no relacionado co procesamento dos Datos Persoais.

 

Grazas por escoller TCL!

 

CANDO É APLICABLE ESTA DECLARACIÓN DE PRIVACIDADE?

 

Esta Declaración de Privacidade é aplicable ao procesarmos os seus Datos Persoais a consecuencia do seu acceso e uso dos sitios web de Alcatel (incluíndo www.alcatelmobile.com), dos dispositivos da marca Alcatel e TCL, como teléfonos, tablets, reloxos, pulseiras, dispositivos portátiles, routers, así como determinadas aplicacións de TCL e servizos fornecidos por TCL Communication Technology Holdings Limited, que poden facer referencia a esta Declaración de privacidade (colectivamente “Materiais de TCL”). Para as aplicacións dos servizos intelixentes de TCL (incluíndo Conta de TCL, Canle de TCL, Aplicación de Inicio de TCL, BrowserHere/T-Browser, TCL Live, MagiConnect, Chat Now, Galería intelixente, Recordatorios, Tempo, Centro de xogos, Control de xogos e Diagnóstico reomoto), consulte https://www.tcl.com/global/en/privacy-notice.html.

 

Consulte tamén https://www.tcl.com/global/en/privacy-notice.html para obter máis información sobre a forma na que procesamos os seus Datos Persoais cando accede ao sitio web de TCL  (www.tcl.com), aos produtos da TV intelixente de TCL e aos servizos da marca SEMP, así como cando os usa. 

 

A Declaración de Privacidade tamén se aplica ao noso procesamento dos Datos Persoais dos contactos empresariais entre os nosos clientes, socios comerciais, fornecedor e outras organizacións coas que TCL ten ou considera unha relación empresarial. 

 

Para obter máis información, faga clic nun dos seguintes apartados:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podemos actualizar esta Declaración de Privacidade, cando proceda, para reflectir os cambios na forma na que recompilamos e usamos os seus Datos Persoais ou os cambios da lexislación correspondente. Todas as actualizacións desta Declaración de Privacidade serán efectivas despois de seren publicadas no noso sitio web en [insert the link to the website]. Igualmente, podemos informalo sobre os cambios a esta Declaración de Privacidade conforme á lexislación vixente.

 

AO VISITAR OS NOSOS SITIOS WEB, PROPORCIONAR A SÚA INFORMACIÓN OU USAR OS MATERIAIS DE TCL, VOSTEDE CONFIRMA QUE LEU E ENTENDEU AS PRÁCTICAS DESCRITAS NESTA DECLARACIÓN DE PRIVACIDADE.

 

 

DATOS PERSOAIS SOBRE VOSTEDE QUE RECOMPILAMOS

 

Impórtanos a súa privacidade polo que a continuación explicamos que Datos Persoais sobre vostede recompilamos. Teña en conta que, se non proporciona determinados Datos Persoais, é posible que TCL non poida levar a cabo algúns fins descritos nesta Declaración de Privacidade e que vostede non poida usa determinados Materiais de TCL nin acceder aos mesmos.

 

Podemos recompilar e procesar os seguintes Datos Persoais sobre vostede:

 

§  Información que vostede nos proporciona. Inclúese aquí información sobre vostede que proporciona ao encher formularios, introducir información no noso sitio web, crear contas de usuario ou ao comunicarse connosco, sexa en persoa, sexa por teléfono, en liña ou por outra vía, que pode identificalo ou revelar a súa identidade en función do contexto. Esta información inclúe, sen carácter exhaustivo, o seguinte:

 

o   información de contacto persoal: nome e apelidos; enderezo de facturación, de envío e empresarial; enderezo electrónico, número de teléfono;

o   información de rexistro: nome de usuario, contrasinal, alcume;

o   información demográfica: data de nacemento, xénero;

o   información de pagamento: detalles da súa tarxeta de crédito ou débito, detalles bancarios ou outra información financeira;

o   outra información sobre vostede como a súa ocupación (p. ex. quizais se lle pregunte a súa ocupación ao participar en enquisas), idioma e datos acerca da súa saúde (como datos sobre o exercicio que practica, incluíndo a altura, o peso, a temperatura corporal, a frecuencia cardíaca, datos sobre a calidade do sono, datos de rastrexo dos percorridos en bicicleta/correndo/a pé);

o   as súas preguntas, queixas ou comentarios sobre os nosos produtos e servizos, ou as súas respostas aos nosos cuestionarios; 

o   información sobre os Materiais de TCL da súa propiedade e que usa, así como os comprobantes da compra, cando proceda e

o   o enderezo de correo electrónico do titor ou dun dos pais dun menor de idade.

 

§  Información que recompilamos ou xeramos sobre vostede. Podemos recompilar automaticamente actividades electrónicas e en Internet e outra información dos dispositivos e exploradores que use. Inclúese aquí, sen carácter exhaustivo, o seguinte:

 

o   detalles sobre o seu uso dos Materiais de TCL;

o   a localización do dispositivo e a zona horaria;

o   detalles do seu uso dos produtos que lle ofrecemos, como o historial do explorador, o historial de buscas e as páxinas nas que se fixo clic, o tipo de explorador, a frecuencia de sesións e outras actividades resultado de usar os nosos produtos ou servizos;

o   o enderezo IP, enderezo MAC, ID de dispositivo, ID de terminal, número de serie, IMEI, IMSI, ID de publicidade (unha ID de usuario única asignada ao dispositivo con fins publicitarios), modelo de hardware e calquera outro identificador de dispositivo ou información específica do dispositivo sobre os Materiais de TCL;

o   información de xeolocalización exacta e aproximada fornecida polo sinal GPS do dispositivo ou transmitida a través de puntos de acceso wifi próximos e de torres de telecomunicacións cando usa determinados servizos e permite a función de localización. Pode cancelar a recompilación dos datos de localización en calquera momento nos axustes do sistema operativo dos produtos e das aplicacións, segundo proceda;

o   información relacionada coa súa saúde e detalles relativos ao seu estado físico e ao exercicio que realiza (como a estatura e o peso, a temperatura corporal, a frecuencia cardíaca, a calidade do sono, así como a información de rastrexo de percorridos en bicicleta, correndo e a pé) na medida na que nos proporciona dita información ou nos consinte doutra forma que recompilemos;

o   rexistros de erros, códigos de erros e descricións de erros, así como outra información que nos proporcione relativa a fallos e erros que experimente cos Materiais de TCL;

o   información recompilada por determinadas aplicacións de TCL. Por exemplo, ao usar a súa aplicación da Conta de TCL no teléfono móbil, esta conéctase a Internet, solicita permisos ao sistema (incluíndo permisos para almacenar, usar a cámara, conexión a Internet e contactos) e recompila o enderezo de correo electrónico, o contrasinal da conta, o nome da conta, o xénero, o país/a rexión, o modelo do dispositivo, o nome do dispositivo, así como as versións da aplicación e do sistema operativo do teléfono móbil;

o   a localización desde onde usa a nosa aplicación TCL Connect para conectarse e controlar varios dispositivos Alcatel ou TCL (como reloxos, pulseiras e routers) e tamén a información de bluetooth e wifi, a localización, a conta de TCL, a información do dispositivo sobre o teléfono e a información sobre os dispositivos Alcatel e TCL que se desexan conectar;

o   os correos electrónicos, o número de teléfono, o enderezo, o número de fax, o historial de chat ou as gravacións das conversas telefónicas entre vostede e o noso Servizo de atención ao cliente cando lle ofrecemos asistencia posvenda; e

o   outra información que lle divulgamos cando inicia determinadas aplicacións por primeira vez. 

 

§  Información que obtemos doutras fontes. Podemos recompilar información sobre vostede de terceiros. Inclúese aquí, sen carácter exhaustivo, o seguinte:

 

o   información procedente das redes sociais;

o   información obtida por outros fornecedores de produtos, servizos, sitios web e aplicacións;

o   información relacionada co arranxo de servizos por parte dos operadores dos dispositivos móbiles;

o   outras fontes dispoñibles publica ou comercialmente (permitido pola lexislación vixente); e

o   se participa en proxectos de investigación de mercado organizados e/ou patrocinados por/no nome de TCL, podemos recompilar información de sitios web de terceiros ou redes sociais conforme ás políticas de privacidade das redes sociais e dos sitios web correspondentes.

 

Podemos recompilar outra información sobre vostede, o dispositivo ou o uso dos Materiais de TCL como se describe no momento da recompilación e/ou co seu consentimento ao abeiro da lexislación vixente.

 

Non recompilaremos, sendo sabedores, información de ou sobre menores de 13 anos ou da idade mínima permitida na súa xurisdición, sen deixar claro que a devandita información só debe proporcionarse co consentimento dun dos pais ou titor, se así o requirisen as leis en vigor. TCL só usará os Datos Persoais relativos a menores cando a lexislación vixente o permita e, se fose necesario, só co consentimento dun dos pais ou titor. Se cre que o seu fillo nos proporcionou Datos Persoais sen o consentimento dun dos pais ou titor, póñase en contacto connosco por medio do enderezo electrónico que aparece no seguinte apartado “Contacte connosco”. Se o seu fillo usa os nosos servizos Modo nenos e Aprendizaxe para nenos, o reloxo familiar de TCL ou outros produtos ou servizos para nenos, proporcionarémoslle unha política de privacidade por separado con máis detalles acerca de como se poden protexer os datos persoais dos seus fillos.

 

 

USOS DOS DATOS PERSOAIS

 

Podemos recompilar, almacenar, procesar ou usar doutra forma os seus Datos Persoais da seguinte maneira e cos seguintes fins:

 

§  para proporcionar, activar, verificar e xestionar os nosos produtos e servizos comprados por vostede;

 

§  para proporcionar actualizacións de software, servizos de mantemento, asistencia técnica e servizos posvenda dos Materiais de TCL;

 

§  para axudalo a rexistrar e xestionar a súa conta de TCL;

 

§  para permitirlle que descargue e compre os nosos servizos e produtos como as nosas aplicacións e sitios web relacionados e/ou para proporcionarlle acceso a aplicacións de terceiros instaladas no dispositivo;

 

§  para procesar as transaccións de pagamento ou os pedidos dos Materiais de TCL;

 

§  para poñerse en contacto con vostede en relación cos Materiais de TCL, por exemplo, no caso de que calquera dos materiais de TCL cambie ou presente problemas, como verificar as súas contas e identificación, detectar incidentes na seguranza e combater actividades maliciosas;

 

§  para protexerse contra o fraude e os riscos na seguranza de información e para evitalos, así como para manter seguros os Materiais de TCL;

 

§  para establecer, exercer e defender os seus dereitos legais ou en procedementos xudiciais;

 

§  para responder a posibles queixas ou preguntas relacionadas cos Materiais de TCL e para defender e exercer os nosos dereitos legais;

 

§  para personalizar os Materiais de TCL se o solicita;

 

§  para resolver problemas de funcionamento ou outros problemas dos Materiais de TCL;

 

§  para avaliar e desenvolver novas funcionalidades, tecnoloxías e melloras nos Materiais de TCL;

 

§  para administrar concursos, promocións, eventos, investigacións de mercado e enquisas en relación cos Materiais de TCL;

 

§  para fins internos de TCL, como auditorías, análises de datos e investigacións para mellorar os nosos produtos e servizos, a experiencia de usuario e a comunicacións cos clientes;

 

§  para cumprir integramente a lexislación vixente, normativas, directivas e decisións xudiciais, así como as decisións das autoridades competentes;

 

 

§  para enviar información sobre os Materiais de TCL e poder facela máis relevante para vostede. Podemos necesitar o seu consentimento para determinadas actividades de márketing. Ofrecemos varias vías polo medio das cales pode cancelar determinadas comunicacións da nosa parte. Se desexa deixar de recibir correos con comunicacións de márketing da nosa parte, pode facer clic na ligazón “Cancelar subscrición” ao final deste correo electrónico e seguir as instrucións que se describen;

 

§  nós e os nosos socios publicitarios podemos mostrar anuncios non personalizados nalgúns dos nosos produtos e servizos. Se os nosos socios publicitarios mostran anuncios personalizados, obteremos o seu consentimento explícito de antemán conforme á lexislación vixente; e

 

§  calquera outro fin para o cal nos proporcione o seu consentimento.

 

Na medida na que os Datos Persoais que recompilamos sobre vostede se consideren categorías especiais de Datos Persoais ou Datos Persoais confidenciais conforme á lexislación vixente, procesamos os devanditos datos segundo o seu consentimento explícito que pode revogar en calquera momento. Non obstante, debe ter en conta que se vostede decide levar isto a cabo, é posible que non poidamos seguir ofrecéndolle certos servizos. Se decide revogar o seu consentimento, nós darémoslle máis información sobre as posibles consecuencias. Se o permite a lexislación vixente, podemos procesar as categorías especiais dos Datos Persoais que vostede fai públicas de forma expresa ou para establecer, exercer ou defender demandas legais.

 

Se actúa en calidade de contacto empresarial da súa organización para comprar ou usar os Materiais de TCL no nome da súa organización, podemos recompilar o nome, enderezo empresarial, de facturación ou de envío e/ou enderezo de correo electrónico, número teléfono e usar os seus Datos Persoais na medida do necesario para levar a cabo operacións empresariais normais, para fins administrativos asociados ou para outros, ou para outros fins especificados anteriormente no apartado “Usos dos Datos Persoais”.

 

 

DIVULGACIÓN DOS SEUS DATOS PERSOAIS A TERCEIROS

 

Non vendemos nin divulgamos doutra forma os Datos Persoais que nos proporciona, a excepción do descrito nesta Declaración de Privacidade, como o informamos no momento da recompilación de datos ou como se describe en calquera declaración de privacidade específica, se procede.

 

Podemos divulgar os seus Datos Persoais coas filiais e subsidiarias de TCL nunha ou máis das circunstancias que se expoñen a continuación:

 

§  para que poidamos proporcionarlle Materiais de TCL;

 

§  cando comercializamos os produtos e servizos proporcionados polas filiais de TCL e/ou subsidiarias; e

 

§  para fins para os que TCL procesa os seus Datos Persoais de acordo con esta Declaración de Privacidade.

 

Podemos compartir igualmente os seus Datos Persoais con terceiros para poder cumprir os fins mencionados no apartado anterior “Uso dos Datos Persoais”, incluíndo:

 

§  no caso de venda de calquera activo ou negocio de TCL a unha sociedade ou fusión con outra, ou de calquera outra transacción significativa, podemos divulgar os seus Datos Persoais cos fins de dilixencia debida e unha vez completada a transacción;

 

§  podemos compartir a súa ID de publicidade (unha ID de usuario única asignada ao dispositivo con fins publicitario) cos nosos socios publicitarios para que mostren anuncios non personalizados;

 

§  se lle comercializamos produtos e servizos de terceiros, podemos compartir os seus Datos Persoais con terceiros;

 

§  cando nos proporciona o seu consentimento para divulgar os seus Datos Persoais a un terceiro identificado e específico ou a unha categoría de terceiros;

 

§  a axentes terceiros ou provedores (por exemplo, os provedores dos nosos servizos de almacenamento de datos electrónicos) que contratamos para que colaboren connosco fornecéndolle os nosos produtos e servizos. Adoptaremos medidas para solicitar que os devanditos terceiros procesen os seus Datos Persoais en cumprimento coas disposicións establecidas nesta Declaración de Privacidade e do deber de confidencialidade;

 

§  aos socios empresariais que proporcionan produtos e/ou servizos que están integrados nos Materiais de TCL que lle proporcionamos ou serven como compoñentes destes. Estes terceiros son os responsables da forma na que usan os seus Datos Persoais en relación cos seus servizos e produtos como se describen nunha declaración de privacidade independente proporcionada por eles, que aconsellamos comprobar; e

 

§  na medida na que o requira a lexislación ou se temos o deber de revelar os seus Datos Persoais para cumprir unha obriga legal, establecer, exercer ou defender os nosos dereitos legais e/ou de terceiros.

 

Ademais da divulgación de Datos Persoais descrita nesta Declaración de Privacidade, podemos compartir os seus Datos Persoais con terceiros sempre e cando nos autorice.

 

Teña en conta que se accede a servizos de terceiros (como servizos de redes sociais, ferramentas de inicio de sesión único de terceiros, plataformas móbiles ou aplicacións de terceiros) por medio dos nosos servizos e produtos, estes servizos de terceiros poden recompilar información sobre vostede, incluíndo información sobre a súa actividade cos produtos e servizos e poden notificar ás súas conexións nos servizos de terceiros sobre o seu uso dos produtos e servizos. Calquera procesamento de Datos Persoais realizado por terceiros provedores só se xestionan polas súas propias políticas de privacidade.

 

LIGAZÓNS DE TERCEIROS

 

O noso sitio web pode conter ligazóns a sitios de terceiros e os nosos produtos poden ter preinstaladas aplicacións programadas e operadas por terceiros. Non somos responsables das prácticas de privacidade nin dos contidos dos devanditos sitios e aplicacións. Non se lles aplica esta Declaración de Privacidade. Debe ler atentamente as políticas de privacidade relacionadas cos servizos de terceiros e contactar directamente cos terceiros se fose necesario.

 

Ademais, os operadores dos seus dispositivos móbiles Alcatel ou TCL poden recompilar os seus Datos Persoais para melloras do servizo, realizar diagnósticos e outros fins. Esta Declaración de Privacidade non se aplica a estes operadores e tampouco somos responsables das súas prácticas de privacidade. Debería poñerse en contacto con estes operadores en caso de que desexe coñecer os detalles da forma en que recompilan e procesan os seus Datos Persoais.

 

 

TRANSFERENCIA INTERNACIONAIS DE DATOS PERSOAIS

 

TCL pode recompilar os seus Datos Persoais internacionalmente con outras sociedades do seu grupo societario para levar a cabo as actividades especificadas nesta Declaración de Privacidade. TCL pode, igualmente, subcontratar o procesamento ou o intercambio dos seus Datos Persoais con terceiros de fóra do seu país. Cando usa os Materiais de TCL, podemos transferir, almacenar e procesar a súa información persoal dentro e fóra do seu país de residencia de acordo con esta Declaración de Privacidade. O procesamento dos seus Datos Persoais pode, por conseguinte, estar suxeito á lexislación doutro país.

 

TCL adopta as medidas pertinentes para garantir que a transferencia de Datos Persoais se leve a cabo conforme ás leis de privacidade correspondentes e, en concreto, que se adopten medidas contractuais, técnicas e organizativas como, sen carácter exhaustivo, as Cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea.

 

 

SEGURANZA DOS SEUS DATOS PERSOAIS

 

Adoptamos medidas de seguranza organizativas, físicas e técnicas en conformidade coas normas industriais internacionais para protexer os Datos Persoais que proporciona e para evitar o acceso sen autorización e divulgación, uso, modificación, dano ou perda de datos. Adoptaremos medidas prácticas e razoables para protexer os seus Datos Persoais, incluíndo as seguintes;

 

§  adoptaremos SSL e outras medidas técnicas para garantir o cifrado en relación cos nosos servizos e produtos. Examinaremos con regularidade as nosas prácticas de procesamento, almacenamento e recompilación da información (incluíndo medidas de seguranza físicas) para evitar o acceso sen autorización.

 

§  Autorizaremos os nosos empregados e traballadores de terceiros a acceder aos seus Datos Persoais segundo o principio de necesidade de coñecer para que poidamos procesar os seus Datos Persoais e ofrecerlle os servizos. Os empregados e traballadores externos (de terceiros que autorizamos) están suxeitos a obrigas de confidencialidade contractuais.

 

§  A seguranza dos seus Datos Persoais é de gran importancia para nós. Seguirémonos esforzando para protexer os seus Datos Persoais e implementar medidas de protección, como proporcionar protección de cifrado para almacenar e transmitir a información para evitar o seu acceso, uso ou divulgación sen autorización.

 

§  Seleccionaremos con prudencia socios empresariais e provedores de servizos e implementaremos os requisitos para a protección de Datos Persoais aos contratos empresariais entre ambas as partes.

 

§  Levaremos a cabo cursos de formación sobre protección da privacidade e seguranza, así como probas e actividades publicitarias para aumentar a sensibilización dos empregados en relación á importancia de protexer os Datos Persoais.

 

Non obstante, teña presente que non se pode garantir a seguranza ao 100 % de ningunha transmisión de datos por Internet.  Se temos coñecemento dunha infracción no noso sistema de seguranza, actuaremos dilixentemente conforme á lexislación correspondente.

 

 

RETENCIÓN DOS DATOS PERSOAIS

 

TCL unicamente retén os seus Datos Persoais durante o tempo que sexa necesario para os fins descritos nesta Declaración de Privacidade e borraranse despois dun tempo razoable segundo os seguintes criterios:

 

§  TCL retén os seus Datos Persoais durante o tempo que sexa necesario para os fins descritos no apartado “Uso dos Datos Persoais”, que pode coincidir coa duración da relación que TCL ten con vostede;

 

§  TCL retén os seus Datos Persoais durante o tempo que sexa necesario para cumprir coas obrigas legais aos que está suxeito ou para a nosa defensa nunha demanda.

 

 

OS SEUS DEREITOS

 

A lexislación de protección de datos pode outorgarlle o dereito a unha serie de dereitos legais en relación cos Datos Persoais que mantemos sobre vostede. Non todas as lexislacións de privacidade son iguais, polo que non todos estes dereitos son de aplicación en todos os países. Pode consultar os Anexos desta Declaración de Privacidade para ver máis detalles sobre os seus dereitos nunha xurisdición concreta.

 

Non obstante, recoñecemos que os seus Datos Persoais son unicamente da súa propiedade, o que lle permite controlar a forma na que os usamos. Os seus dereitos poden incluír:

 

§  o dereito a solicitar o acceso aos Datos Persoais sobre vostede que procesamos, incluíndo o dereito a obter información sobre os devanditos datos e a copiala;

 

§  o dereito a solicitar que rectifiquemos ou corrixamos os seus Datos Persoais se fosen incorrectos ou incompletos;

 

§  o dereito a solicitar que borremos ou eliminemos os seus Datos Persoais baixo determinadas circunstancias. Teña en conta que, aínda que poden darse circunstancias onde vostede nos pida que borremos os seus Datos Persoais, nós podemos ter legalmente dereito a retelos;

 

§  se o permite a lexislación vixente, o dereito a rexistrar unha queixa perante o organismo gobernamental competente, no caso de que considere que incumprimos un dos seus dereitos.

 

Pode exercer os seus dereitos poñéndose en contacto connosco usando os detalles do apartado “Contacte connosco” que aparece a continuación.

 

É posible que teñamos que confirmar a súa solicitude de consumidor verificable antes de completar a súa solicitude e, por exemplo, podemos pedirlle que confirme os puntos de datos que xa temos sobre vostede. Só usaremos os Datos Persoais proporcionados nunha solicitude de consumidor verificable para verificar a identidade ou autoridade do solicitante para realizar a solicitude.

 

 

USO DE COOKIES

 

Nós e os nosos socios de análises de datos e de publicidade usamos “cookies” ou tecnoloxías web semellantes, incluíndo as pixel tags ou balizas web, (“Ferramentas de recompilación automatizadas”) para asistir determinadas funcións da conta de TCL, dos dispositivos móbiles e doutros sitios web e aplicacións que operamos. As ferramentas de recompilación automatizadas son fragmentos de código despregadas no dispositivo. Coas ferramentas de recompilación automatizadas, o sitio web pode recoñecer o seu explorador ou dispositivo mentres visita o sitio web ou a aplicación de TCL ou cando volve á aplicación ou sitio web de TCL. Para obter máis detalles acerca das cookies que usamos, lea a nosa Política de Cookies, que pode consultarse aquí: https://www.tcl.com/global/en/tcl-cookies-policy.html

 

Usamos dous tipos de ferramentas de recompilación automatizadas : “cookies de sesión” e “cookies persistentes”.

 

Unha cookie de sesión caduca tras pechar o explorador. Unha cookie de sesión identificarao durante a sesión de exploración asignando un número de identificación único xerado aleatoriamente ao dispositivo. Usamos cookies de sesión:

 

§  para poder proporcionarlle produtos e servizos e xestionar transaccións. Por exemplo, podemos despregar unha cookie para lembrar que elementos gardou nunha cesta de compra en liña; e

 

§  para a xestión e edición de determinados contidos.

 

As cookies persistentes non caducan ao pechar o explorador. Usamos cookies persistentes:

 

§  para rexistrar se un visitante ten unha sesión iniciada na conta de TCL;

 

§  para rexistrar cando un visitante na conta de TCL ou noutro sitio web de TCL ou aplicación nos dá o seu consentimento para usar cookies, cando proceda;

 

§  para fins de deseño e desempeño; por exemplo, podemos usar cookies para rastrexar as partes dos nosos sitios web ou aplicacións que son populares e para determinar como se pode mellorar o seu funcionamento;

 

§  para mellorar a experiencia de usuario e personalizar que ve. Por exemplo, podemos usar cookies para rexistrar as preferencias de usuario e para garantir que se mostre aos usuarios o contido da aplicación ou sitio web máis relevante (incluíndo o contido publicitario);

 

§  para que nós e terceiros cos que colaboramos poidamos difundir anuncios ou mensaxes de márketing á medida,que vostede consentiu recibir. Por exemplo, podemos usar cookies para rexistrar os produtos e servizos que compra ou polos que mostra interese e usar servizos de terceiros para permitir que se difundan anuncios relevantes no noso ou noutros sitios web ou aplicacións, segundo esta información; e

 

§  para a xestión e edición de determinados contidos.

 

Como se poden xestionar as ferramentas de recompilación automatizadas

 

Se non desexa recibir cookies, pode configurar o seu explorador para que as rexeite ou para que o avise cando se garda unha cookie no dispositivo. Tamén pode eliminar cookies inmediatamente despois de saír da conta de TCL ou outra aplicación/sitio web de TCL. Aínda que non ten a obriga de aceptar cookies ao visitar a conta de TCL, se configura o explorador para que as rexeite, é posible que non poida usar todas as características e funcións da conta de TCL ou doutra aplicación/sitio web de TCL.

 

Por exemplo, a parte de Axuda da barra de ferramentas da maioría dos exploradores web informarano de como pode evitar que o explorador acepte cookies novas, como facer que o explorador lle notifique cando reciba unha ferramenta de recompilación automatizada nova e como se poden desactivar as ferramentas de recompilación automatizadas por completo.  A respecto dalgúns dos exploradores máis populares, pode atopar máis información facendo clic nas seguintes ligazóns relevantes: Google Chrome; Microsoft Edge; Mozilla Firefox; Microsoft Internet Explorer; Opera and Apple Safari

 

Cando así o requira a lei, mostrarémoslle, na súa primeira visita ao noso sitio web/aplicación, unha faixa acerca das cookies, onde se explique o tipo de ferramentas de recompilación automatizadas que usamos e que pida o seu consentimento para algunhas das ferramentas de recompilación que usamos.

 

Datos Persoais recompilados por medio das ferramentas de recompilación automatizadas

 

Usamos os Datos Persoais recompilados por medio das ferramentas de recompilación automatizadas para os fins especificados anteriormente (incluídos no Apartados “Usos dos seus Datos Persoais”).  Para as cookies para cuxo despregue solicitamos consentimento, acollémonos tamén ao consentimento como fundamento legal para procesar os Datos Persoais recompilados por medio desas cookies.

 

 

CONTACTE CONNOSCO

 

Se desexa máis información sobre a recompilación, o uso, a divulgación, a transferencia ou o procesamento dos seus Datos Persoais ou o exercicio dun dos dereitos enumerados anteriormente, póñase en contacto connosco por medio das canles específicas que se indican a continuación.

 

Para os residentes no Espazo Económico Europeo (EEE), o noso representante na Unión Europea é TCT Mobile Europe, con sede en Le Capitole, 55 rue des Champs-Pierreux, 92000 Nanterre, Francia. Póñase en contacto connosco en privacy_dpo@tcl.com.

 

Para os residentes no Reino Unido, o noso representante no Reino Unido é TCT Mobile UK Limited, con sede en 10 Finsbury Square, Londres EC2A 1AF, Inglaterra. Póñase en contacto connosco en privacy_dpo@tcl.com.

 

Para os nosos usuarios na India, o noso Responsable de Reclamacións en India é Sudhansu Sahu, que pode contactarse en privacyqueryindia@tcl.com.

 

Para os usuarios nos Estados Unidos, a subsidiaria de TCL é TCT Mobile (US) Inc, cuxo enderezo e información de contacto se indica a continuación:

TCT Mobile, Inc.

25 Edelman, suite 200

Irvine, CA 92618

Póñase en contacto connosco enviando un correo electrónico a privacy.na@tcl.com, ou chamando á liña de teléfono gratuíta 1-855-368-0829

 

Para os usuarios no Brasil, a subsidiaria de TCL é Semp TCL Mobilidade Ltda. Número de identificación fiscal 08.649.664/0001-98, cuxo enderezo e información de contacto se indica a continuación:

Semp TCL Mobilidade Ltda

Avenida Arnaldo Rojek, nº 01, Rua 5, Galpão H - parte 1, Altos de Jordanésia, Cajamar/SP - CEP 07.786-900

Póñase en contacto connosco enviando un correo electrónico a privacidade@semptcl.com.br ou chamando a +55 (11) 3004-7570.

 

Para os usuarios de China e doutras rexións do mundo, o controlador de datos é TCL Communication Technology Holdings Limited, con enderezo en 10F Building F4, TCL Communication Technology Building, International E-City, No. 1001 Zhongshanyuan Road, Xili Street, Nanshan District, Shenzhen City, Guangdong Province, China.

 

 

Se non resolvemos satisfactoriamente todas as súas dúbidas sobre os datos ou a privacidade, póñase en contacto co noso provedor de resolucións de disputas de terceiros nos Estados Unidos (gratuíto) en https://feedback-form.truste.com/watchdog/request.

TRUSTe

 

ANEXO PARA O BRASIL

(Esta sesión será efectiva a partir da data de entrada en vigor da Lei Xeral de Protección de Datos, LGPD nas súas siglas en portugués)

 

Descrición xeral

 

As disposicións expostas neste Anexo aplícanse exclusivamente ás actividades de procesamento dos Datos Persoais suxeitas á lexislación brasileira, en particular á Lei nº 13.709/2018 emendada (“LGPD”). No caso de contradición entre as disposicións expostas no texto principal da Declaración de Privacidade de TCL Global e este Anexo, as disposicións deste Anexo prevalecerán exclusivamente no relativo ás actividades de procesamento suxeitas ao Dereito brasileiro.

 

Fundamentos xurídicos para procesar os Datos Persoais

 

O procesamento dos Datos Persoais pode realizarse conforme a un dos seguintes principais fundamentos xurídicos:  ( i) cumprimento da obriga legal ou regulamentaria de TCL; (ii) necesidade contractual; (iii) exercicio dos dereitos legais en procesos xudiciais, administrativos ou de arbitraxe; (iv) protección da vida e da saúde; (v) interese lexítimo de TCL ou de terceiros; e (vi) protección de crédito.

 

Iniciativa

 

Ao visitar os nosos sitios, proporcionar os seus Datos Persoais ou usar os Materiais de TCL, declara que coñece a recompilación, o uso, a transmisión, a transferencia, a clasificación, o acceso, o almacenamento, a comunicación, a divulgación, a eliminación ou calquera outra actividade de procesamentos aos seus Datos Persoais tal e como se describe na Declaración de Privacidade.

 

Confidencialidade dos Datos Persoais e outras responsabilidades

 

TCL esfórzase ao máximo para protexer os seus Datos Persoais. Vostede é responsable das actividades realizadas co seu nome de usuario e contrasinal en relación cos Materiais de TCL. Se se dá o caso de que vostede cre que se coñece a información da súa conta sen autorización, póñase en contacto connosco como se explica no apartado “Contacte connosco”.

 

Os seus dereitos

 

A lexislación e regras vixentes outórganlle os seguintes dereitos: (i) dereito a confirmar a existencia de actividades de procesamento relacionadas cos seus Datos Persoais; (ii) dereito a acceso; (iii) dereito a corrixir os Datos Persoais incorrectos, incompletos ou sen actualizar; (iv) dereito ao anonimato, ao bloqueo ou á exclusión de Datos Persoais superfluos ou excesivos; (v) dereito á portabilidade; (vi) dereito a excluír os Datos Persoais cando xa non sexan necesarios para os fins polos cales se recompilaron, a excepción dos casos nas que a retención sexa requirida e permitida pola lexislación; (vii) o dereito a obter información sobre entidades públicas e privadas coas que se comparten os seus Datos Persoais (viii) información acerca das consecuencias de denegar o consentimento (ix) o dereito a cancelar o consentimento; (x) dereito á petición perante a Autoridade Nacional de Protección de Datos (“ANPD”) en relación co procesamento dos Datos Persoais; e (xi) dereito a denegar o procesamento dos Datos Persoais debido ao incumprimento da lexislación vixente.

 

Elaboración de perfís e decisións automatizadas

 

As decisións automatizadas son decisións tomadas en función de algoritmos e de programas informáticos sen intervención humana.

 

Por outra banda, na elaboración de perfís interveñen determinados aspectos persoais, tales como os intereses, as preferencias, o comportamento e a localización a través dun procesamento automatizado dos Datos Persoais con procesos estatísticos. Como resultado deste procesamento, podemos enviarlle comunicación dirixida e presentar a información máis relevante sobre as nosas plataformas que cremos poden interesarlle.

 

Ten dereito a solicitar a reconsideración dunha decisión tomada nun procesamento automatizado de información.

 

Controlador

 

O controlador de datos é TCL Communication Technology Holdings Limited, con enderezo en 10F Building F4, TCL Communication Technology Building, International E-City, No. 1001 Zhongshanyuan Road, Xili Street, Nanshan District, Shenzhen City, Guangdong Province, China, a non ser que se informe doutro xeito nunha declaración de privacidade específica.

 

Para poñerse en contacto co DPO de TCL, envíe un correo electrónico a privacidade@semptcl.com.br ou chame á liña gratuíta +55 (11) 3004-7570.

 

Tamén ten dereito a realizar peticións á ANPD relativas ao procesamento dos seus datos. Para iso, póñase en contacto coa ANPD directamente.

 

 

 

 

ANEXO PARA O ESPAZO ECONÓMICO EUROPEO (EEE) E O REINO UNIDO

 

Uso dos Datos Persoais

 

Podemos recompilar, almacenar, procesar ou usar doutro xeito os seus Datos Persoais nunha das seguintes formas e polos seguintes fins e fundamentos xurídicos:

 

1. para cumprir un contrato con vostede e ofrecerlle Materiais de TCL;

 

§  para proporcionar, activar, verificar e xestionar os nosos produtos e servizos comprados por vostede;

 

§  para proporcionarlle actualizacións de software, servizos de mantemento, asistencia técnica e servizos posvenda para os Materiais de TCL;

 

§  para axudalo a rexistrar e xestionar a súa conta de TCL;

 

§  para permitirlle que descargue e compre os nosos servizos e produtos como as nosas aplicacións e sitios web relacionados e/ou para proporcionarlle acceso a aplicacións de terceiros instaladas no dispositivo;

 

§  para procesar as transaccións de pagamento ou os pedidos dos Materiais de TCL;

 

§  para poñerse en contacto con vostede en relación cos Materiais de TCL, por exemplo, no caso de que os Materiais de TCL cambien ou presenten problemas;

 

2. para cumprir cunha obriga legal á que estamos suxeitos;

 

§  para cumprir integramente a lexislación vixente, normativas, directivas e decisións xudiciais, así como as decisións das autoridades competentes;

 

§  para protexerse contra o fraude e previlo, ou outros riscos á seguranza de información ou outros riscos legais, así como para manter seguros os Materiais de TCL, verificando as contas e a identificación, detectando incidentes de seguranza e combatendo actividades maliciosas;

 

3. TCL ten un interese lexítimo para recompilar e procesar os seus Datos Persoais;

 

§  para establecer, exercer e defender os seus dereitos legais ou en procedementos xudiciais;

 

§  para responder a posibles queixas ou preguntas relacionadas cos Materiais de TCL e para defender e exercer dereitos legais;

 

§  para personalizar os Materiais de TCL se o solicita;

 

§  para coñecer, revisar, abordar e corrixir problemas dos Materiais de TCL;

 

§  para examinar e crear novas funcións, tecnoloxías e facer melloras nos Materiais de TCL;

 

§  para administrar concursos, promocións, eventos, investigacións de mercado e enquisas en relación cos Materiais de TCL;

 

§  para fins internos de TCL, como auditorías, análises de datos e investigacións para mellorar os nosos produtos e servizos, a experiencia de usuario e a comunicacións cos clientes;

 

§  para deseñar os nosos sistemas e procesos de formación;

 

§  para realizar plans de negocios e informes, e establecer predicións;

 

§  para enviar información sobre os Materiais de TCL e poder facela máis relevante para vostede. Podemos necesitar o seu consentimento para determinadas actividades de márketing. Ofrecemos varias vías polo medio das cales pode cancelar determinadas comunicacións da nosa parte. Se desexa cancelar o recibo de comunicacións de márketing da nosa parte por correo electrónico, pode facer clic na ligazón “Cancelar subscrición” ao final deste correo electrónico e seguir as instrucións que se describen; e

 

§  para mostrar publicidade non personalizada.

 

4. Outros fin sen o seu consentimento tras ser informado.

 

TCL pode usar os seus Datos Persoais para fins compatibles cos fins mencionados anteriormente. Ao avaliar se o propósito é compatible, tomaremos en conta os criterios establecidos na lexislación vixente, incluíndo as expectativas razoables. Dito noutros termos, os Datos Persoais poden usarse para fins que non entren en conflito e/ou son fins secundarios excesivos en relación cos fins mencionados anteriormente.

 

Os seus dereitos

 

A lexislación de protección de datos dos estados membro do Espazo Económico Europeo e do Reino Unido pode outorgarlle unha serie de dereitos legais no relativo aos Datos Persoais que mantemos sobre vostede. Estes dereitos poden incluír:

 

§  O dereito a solicitar o acceso aos Datos Persoais que procesamos sobre vostede e a solicitarnos que corrixamos as incorreccións nesa información.

 

§  O dereito a solicitar unha copia e a transferir os Datos Persoais que procesamos sobre vostede;

 

§  o dereito a solicitar que borremos os seus Datos Persoais en determinadas circunstancias. Teña en conta que, aínda que poden darse circunstancias onde vostede nos pida que borremos os seus Datos Persoais, nós podemos ter legalmente dereito a retelos;

 

§  o dereito a opoñerse e o dereito a solicitar que restrinxamos o procesamento dos seus Datos Persoais en determinadas circunstancias. Teña en conta, igualmente, que aínda que poden darse circunstancias onde vostede se opoña ou nos pida que restrinxamos o procesamento dos seus Datos Persoais, nós podemos ter legalmente dereito a seguir procesando os seus datos e/ou a denegar a súa solicitude;

 

§  o dereito a revogar o seu consentimento para o procesamento dos seus Datos Persoais en calquera momento;

 

§  o dereito a rexistrar unha queixa coa autoridade supervisora (aquí poden atoparse os seus detalles:https://edpb.europa.eu/about-edpb/board/members_en para o Espazo Económico Europeo e https://ico.org.uk/make-a-complaint/ para o Reino Unido), se cre que infrinximos algúns dos seus dereitos.

 

Menores de idade

 

Se ten unha idade comprendida entre os 13 e os 16 anos, reside no EEE ou no Reino Unido e solicitamos o seu consentimento, asegúrese de que pode outorgarnos o seu consentimento válido sen a autorización dun dos seus pais ou titor conforme á lexislación do seu país. Verificaremos a súa idade e podemos solicitar o consentimento dun dos seus pais ou titor.

 

Transferencia dos Datos Persoais

 

Cando transferimos os seus Datos Persoais a fóra do EEE ou do Reino Unido, asegurarémonos de que se protexen nunha forma congruente coa forma en que protexemos os seus Datos Persoais no EEE e no Reino Unido ou nun nivel axeitado de protección, a través dun dos seguintes mecanismos:

 

  • un terceiro país a onde transferimos os seus Datos Persoais foi recoñecido como capaz de garantir un nivel axeitado de protección nunha decisión da Comisión Europea ou do Secretario de Estado, segundo proceda;

 

  • o importador e o exportador subscribiron as “Cláusulas contractuais tipo” aprobadas pola Comisión Europea ou o Secretario de Estado, segundo proceda; ou

 

§  segundo proceda, TCL pode compartir os datos de conformidade coas derrogacións para situacións específicas establecidas conforme á lexislación vixente, como para proporcionar os servizos que non solicite, para concluír ou cumprir un contrato no seu interese, co seu consentimento explícito, segundo sexa necesario para razóns importantes de interese público, e, se fose necesario establecer, exercer ou defender demandas xudiciais.

 

Pode solicitar detalles adicionais sobre como protexemos os seus Datos Persoais, no caso de transferencia a fóra do EEE ou Reino Unido (incluíndo unha copia das “Cláusulas contractuais tipo” subscritas cos importadores dun terceiro país) póñendose en contacto como se describe no apartado “Contacte connosco”.

 

 

 

 

ANEXO PARA CALIFORNIA

 

Os seus dereitos de privacidade en California

 

Nos últimos 12 meses, puidemos recompilar categorías de Datos Persoais que se describen na Declaración de Privacidade de TCL.

 

 

 

Só para os residentes de California, Estados Unidos, ademais dos dereitos mencionados no apartado “Os seus dereitos”, desde o 1 de xaneiro de 2020, goza dos seguintes dereitos:

 

  • O dereito a saber. Pode solicitar información sobre categorías de datos e Datos Persoais específicos que recompilamos sobre vostede, ao igual que as categorías de fontes desde onde se recompila a devandita información, o fin para recompilala e a compra ou divulgación para fins comerciais dos seus Datos Persoais a terceiros;

 

  • o dereito a non ser discriminado no exercicio dos dereitos mencionados anteriormente; e

 

  • suxeito a determinadas excepcións legais, ten o dereito a solicitar o borrado dos seus Datos Persoais. Teña en conta que se non podemos verificar a súa identidade, podemos denegar a súa solicitude e comunicarlle as razóns para facelo

 

Unha vez que recibamos a súa solicitude, verificarémola comprobando se o enderezo de correo electrónico da solicitude coincide co que se usa para rexistrar a súa conta. Podemos pedirlle información adicional (como o seu IMEI ou número de serie do dispositivo), se necesitamos seguir verificando a súa identidade para promover a seguranza ou previr o fraude. Pode ter dereito, conforme á lexislación vixente, a rexistrar unha queixa por medio dun axente autorizado.  A designar un axente autorizado para que exerza os seus dereitos e decisións no seu nome, podemos solicitar unha proba de que concedeu un poder notarial ao devandito axente ou que o axente ten, doutro modo, unha autorización escrita para exercer dereitos no seu nome.

 

Ademais, o Apartado 1798.83 do Código Civil de California permite aos usuarios que son residentes en California solicitar determinada información relativa á nosa divulgación dos Datos Persoais a terceiros para fins de márketing directo. Para realizar a devandita solicitude, póñase en contacto connosco utilizando a información de contacto que aparece a continuación e indique “Shine the Light” na liña de asunto da súa solicitude.

 

Pode exercer os seus dereitos como se describen anteriormente e/ou enviar unha queixa que poida ter sobre o noso cumprimento da lei de privacidade de Califonia poñéndose en contacto connosco directamente por teléfono ou correo electrónico usando os detalles establecidos no apartado anterior “Contacte connosco”. Pode designar un axente autorizado para realizar unha solicitude no seu nome. O devandito axente autorizado debe estar inscrito co Secretario de Estado de California. Podemos denegar a solicitude dun axente que non envíe unha proba dunha autorización para obrar no seu nome.